O Racing comeza unha ampliación de capital de máis dun millón de euros

G24.gal 04/12/2023 22:20

O Racing desenvolverá neste mes de decembro unha ampliación de capital a que terán acceso preferente todos os accionistas da entidade. Sairán á venda 47.833 accións, valoradas en 1.149,905,32 euros, que terán que ser subscritas en lotes indivisibles de sete títulos (168,28 euros). 

A adquisición dos títulos poderá realizarse ata o 31 de decembro na oficina de Abanca situada na Praza de Armas de Ferrol. Unha vez rematado o primeiro prazo desta nova capitalización e no caso de que non se subscriban os 47.833 títulos abrirase unha segunda etapa de dez días hábiles tanto para accionistas como para novos investidores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar