O porteiro celeste Marcos González estará no vindeiro Mundial Sub-17

A cita será en Indonesia e principiará o vindeiro 10 de novembro

G24.gal 08/11/2023 21:03

O xogador da canteira do Celta Marcos González foi convocado coa selección española sub-17 para o vindeiro Mundial. O gardameta do Celta Xuvenil entrou na lista dos 21 futbolistas que viaxarán a Indonesia para disputar unha cita mundialista que comeza o vindeiro venres día 10 e rematará o 2 de decembro. Será a segunda experiencia internacional para o mozo Marcos González. O celeste xogará a fase de grupos ante as seleccións do Canadá, Malí e Uzbekistán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar