O Pontevedra, incapaz de manter a vantaxe no campo do cabeiro (3-1)

O Covadonga, que non gañara ningún partido como local en toda a temporada, remontou o tanto inicial de Samu Mayo

G24.gal 26/11/2023 21:14

Tropezo de consideración do Pontevedra no campo do Covadonga. Despois de once xornadas sen perder, caeu o cadro pontevedrés ante un rival que non dera gañado ningún partido como local no que levamos de temporada. 

Comezou do mellor xeito o partido para o equipo de Yago Iglesias. Aos 33 minutos facía o máis complicado, adiantarse cun tanto de Samu Mayo. Ata o descanso todo ía sobre rodas, pero na segunda parte torceuse o encontro. 

Un penalti cometido por Chiqui transformouno Menéndez no gol do empate. Era o minuto 57. Ata o 70 non volveu moverse o marcador e foi o dianteiro local Vicente o que superou a Edu Sousa. Aínda quedaba outra sorpresa en forma de penalti cometido por Mario Gómez e transformado por Asier.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos