O pai de C Tangana e o exgardamenta Sergio, no novo consello de administración do Celta

O nomeamento será sometido a votación na Xunta Xeral de Accionistas que se celebra o próximo 12 do presente mes no Salón Rexio da Sede Social do club

G24.gal 08/12/2023 12:48 Última actualización 08/12/2023 13:06

Marián Mouriño, presidenta en funcións do Celta e que o será para todos os efectos o vindeiro mércores, presentou este venres o seu novo consello de administración cun total de sete integrantes, cuxo nomeamento será sometido a votación na Xunta Xeral de Accionistas que se celebra o próximo 12 do presente mes no Salón Rexio da Sede Social do club.

O novo consello de administración incorpora un maior número de conselleiros independentes; son profesionais, empresarios e deportistas, cunha longa traxectoria profesional e empresarial nos seus respectivos ámbitos, que achegarán a súa experiencia e a súa visión para fortalecer a gobernanza corporativa do Celta, segundo explica o club nunha nota. Os novos conselleiros son:

Sergio Álvarez, exgardameta celeste e cofundador da Escola de Porteiros Sergio Álvarez, da Fundación Celta.

Antón Álvarez, Senior Advisor de Evercom, axencia creativa de márketing e comunicación,
Trascendent, consultora estratéxica de sustentabilidade e impacto e Unlimited Spain, aceleradora de startups de impacto. É o pai de C Tangana.

Carmela Cuevas, responsable de Control de Xestión Comercial Zara-Inditex e Business Angel en Velca.

José Manuel Amoedo, socio fundador do bufete Amoedo & Lago Avogados e socio titular en Pontevedra do despacho colectivo Eurix Avogados AIE.

José Álvarez, socio fundador e CEO de Grupo Femxa Formación e Emprego e socio fundador de Ideaspropias Editorial, Ideaspropias Publicidade, Activa Formación, Adquiro Servizos Integrados, Nred Solucións Formativas, Femxa Formación, Green Venture Labs, Apunto 21, Learning and Support Services, FollowUP & Control, Green Smart Ventures.

Xisela Aranda, exfutbolista e excampioa de España e Galicia de squash.

Miguel Álvarez, socio director de Marcapital Ventures, empresa que inviste en startups tecnolóxicas en finanzas, alimentación, mobilidade eléctrica e deporte, socio fundador e administrador de Norfood, S.L. investidor, conselleiro, interim manager e mentor en dez startups, conselleiro, membro do Comité de Dirección e responsable de Estratexia en BMC Estudo & Contract.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar