Cargando resultados...
O orzamento da Xunta para o ano que vén en materia enerxética aumenta nun 12,5 %
O orzamento da Xunta para o ano que vén en materia enerxética aumenta nun 12,5 %
A revolución do biogás está en marcha, e Galicia pisa o acelerador para posicionarse no mercado
G24.gal
03/11/2023 14:46
O biogás obtense dos residuos gandeiros e orgánicos. Pola gran vinculación con estas actividades, a nosa comunidade goza dun bo posicionamento para o desenvolvemento desta enerxía renovable.
Galicia marca como obxectivo no 2030 que o 20 por cento do consumo de gas na comunidade sexa de orixe renobable. Para o ano que vén o Goberno galego aumentará en máis dun doce por cento o orzamento en materia enerxética con axudas para proxectos de biogás, hidróxeno verde e biometano.
Entre as iniciativas en marcha para a produción de biogás en Galicia destaca o estudo promovido por Reganosa, Naturgy e Repsol para implantar una planta de biometano en Meirama.