O Obradoiro sofre unha dura derrota ante o Granada (77-94)

Os de Moncho Fernández nunca chegaron a estar por diante do marcador

O Granada acadou unha diferenza máxima de 18 puntos

G24.gal 25/11/2023 20:09 Última actualización 25/11/2023 20:55

O Obradoiro perdeu no Sar diante do Covirán Granada, que foxe así dos postos de descenso que ocupa o Breogán

Os santiagueses non foron quen de ir por diante en todo o partido, que comezaron cunha desvantaxe de 9 puntos no primeiro cuarto. A distancia mantívose segundo corría o tempo e, malia a que se puxeron a catro no último cuarto, un parcial de 0-9 acabou co encontro. Os visitantes acadaron a máxima diferenza no último cuarto, chegando a ter unha renta de 18 puntos. Os locais só foron capaces de acortar un punto, ata o 77 a 94 final. Pustoviy e Scrubb anotaron 14 e 13 puntos, insuficientes diante do equipo andaluz, no que Costa fixo 24 puntos e Cheatham 20.

O Obradoiro segue con catro triunfos, un máis ca o Granada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos