O Obradoiro perde os papeis en Manresa nos últimos seis minutos (76-56)
O Obradoiro perde os papeis en Manresa nos últimos seis minutos (76-56)
Estaba metido no partido (51-47) e acabou o partido recibindo un parcial de 25-9
Ningún xogador do Obradoiro chegou aos dez puntos
O Obradoiro marchou do partido nos últimos seis minutos e perdeu de xeito contundente na pista do Manresa. Ata ese intre tiña posibilidades de gañar o encontro (51-47), pero recibiu un parcial de 25-9 nese treito de encontro que resultou demoledor, algo similar ao que lle pasara en Andorra nunha das primeiras xornadas do campionato.
O partido comezou cun Badzim moi inspirado no lanzamento exterior pero o Manresa acabou o primeiro cuarto por diante (17-13). O primeiro momento crítico chegou no final do primeiro cuarto. O Obradoiro estaba metido no partido (25-23) pero acabou encaixando un parcial de 12-2 xusto antes do descanso (37-25).
No terceiro cuarto case non mudaron as distancias pero no último o Obradoiro conseguiu meterse de cheo no partido logo dun gran comezo (51-47). Foi un espellismo. O Manresa anotou catro triplas case seguidas (14-2) e a escapada xa sería a definitiva.