Cargando resultados...
O Liceo cae ante o Reus e cede a primeira derrota como local (1-2)
O Liceo cae ante o Reus e cede a primeira derrota como local (1-2)
Os coruñeses son quintos e vense superados polo Reus na táboa
César Carballeira anotou o único gol local
G24.gal
03/12/2023 15:12
Na OK Liga, o Deportivo Liceo continúa sen atopar a regularidade habitual. Esta mañá perdeu tamén en Riazor, onde contaba os partidos por vitorias.
Os de Juan Copa caeron co Reus por un gol a dous e apañaron a quinta derrota da temporada, por outras tantas vitorias. Maxi Oruste e Martí Casas puxeron por diante os cataláns na primeira metade. E César Carballeira só puido acurtar diferenzas na continuación.
Os coruñeses son superados na clasificación xeral polo Reus e rematan a xornada na quinta posición, igualados a quince puntos co Parlem Calafell e a sete da segunda praza que ocupa o Noia.