Cargando resultados...
O Deportivo Abanca cumpre en Cáceres (0-2) para manterse á fronte da categoría
O Deportivo Abanca cumpre en Cáceres (0-2) para manterse á fronte da categoría
Inés Altamira e Ainhoa Marín marcaron no inicio do segundo tempo
G24.gal
05/11/2023 14:54
No fútbol feminino, o Deportivo Abanca consolida o seu liderado na Primeira Federación. Este domingo triunfou no campo do Cacereño. Cero a dous para as xogadoras de Irene Ferreras.
Os goles chegaron no segundo tempo. Abriu a conta a central Inés Altamira aos cinco minutos do reinicio. O segundo, no minuto 21, conseguiuno Ainhoa Marín. O Deportivo Abanca sumou a sexta vitoria en sete partidos. Ten dous puntos de vantaxe sobre o Alhama e o Español.