O Cangas ofrece unha das mellores versións da temporada no Palau

Perdeu fronte ao poderoso Barcelona por seis goles (38-32)

G24.gal 03/12/2023 13:02

O Cangas Frigoríficos do Morrazo perdeu na pista do Barcelona pero ofreceu unha das mellores versións desta temporada (38-32). Nunha pista en que é case imposible gañar para calquera equipo da Asobal aguantou ata o minuto seis do segundo tempo (24-20). A partir dese momento o equipo local conseguiu un parcial de 3-0 e puxo unha diferenza de sete goles que sería insalvable. 

Bo partido de Rajmond Toth e de Mario Dorado, que chegaron ata os seis goles. Polo Barcelona, cunha profundidade de banco inmensa, foi Richardson o máis atinado, con dez goles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos