O Cangas non ten ningunha opción na pista do Ademar (39-27)
O Cangas non ten ningunha opción na pista do Ademar (39-27)
Aguantou ata o treito final da primeira parte (18-16), pero afundiuse na segunda metade
O Cangas Frigoríficos do Morrazo sumou unha nova e clara derrota na pista do Ademar de León, un dos equipos que mira cara arriba neste comezo de campionato (39-27).
Os do Morrazo mantivéronse no partido ata o final do primeiro tempo pero no segundo acabaron pagando os erros e a menor rotación que o seu rival. Ata o 18-16 o Cangas estaba metido de cheo no partido. Quedaba 1:30 para o final do primeiro tempo e aí os galegos encaixaron un 2-0 de parcial que lle daba unha máxima vantaxe de catro goles ao Ademar.
Na segunda parte non fixeron máis que darlle continuidade a ese arreón. Cun 26-19 conseguían a primeira marxe importante, unha diferenza que non deixou de medrar ata os doce goles de máxima (36-24). Os minutos finais sobraron co encontro sentenciado.
No aspecto goleador o central Juan Castro e o pivote Guilherme Borges, con 7 goles, foron os máis destacados.