O Breogán quere recuperar en Europa as sensacións que non ten na Liga

Mrsic: "Cada partido é unha oportunidade. Levamos o nome de Lugo, de Galicia en Alemaña"

Polite e Sergi García adestraron con normalidade e están na lista de convocados

Xogarán o partido adiado contra o Hapoel Holon en Riga o vindeiro 15 de novembro

G24.gal 07/11/2023 13:09 Última actualización 07/11/2023 13:25

O Río Breogán desafía este mércores ao Telekom Baskets Bonn no seu reencontro coa Liga de Campións (BCL), competición que espera que sirva de bálsamo para curar as súas feridas ligueiras.

Os dous equipos chegan ao encontro, correspondente á terceira xornada do grupo F, acumulando resultados negativos nas súas competicións domésticas. O vixente campión da BCL perdeu os seus últimos dous partidos da Bundesliga, mentres que o conxunto lucense só gañou un encontro -ante o Andorra o 29 de setembro- na liga Endesa.

Unha mala dinámica na que influíu notablemente a praga de lesións que sufriu ao bloque dirixido por Veljko Mrsic. Polite e Sergi García adestraron con normalidade e están na lista de convocados.

Mrsic: "Cada partido é unha oportunidade. Levamos o nome de Lugo, de Galicia en Alemaña"

O Breogán gañou, de momento, o único partido que disputou da fase de grupos, ante o Bursaspor Info Yatirim (68-48) en Lugo. Pola súa banda, os alemáns tamén gañaron ao conxunto turco (73-91) pero perderon na súa pista ante o Hapoel Holon (74-75).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos