O actor norteamericano Ryan O'Neal morre aos 82 anos

O protagonista masculino de Love Story faleceu nos Ánxeles

G24.gal 09/12/2023 14:14 Última actualización 09/12/2023 14:31

O protagonista masculino de Love Story, o actor norteamericano Ryan O'Neal, morreu aos 82 anos nos Ánxeles, en California.

Empezara a súa carreira na pequena pantalla, cunha telenovela nocturna, desde onde deu o salto meteórico ao cine coa aclamada Love Story, pola que obtivo unha candidatura ao Óscar.

No seu haber figuran tamén outros títulos icónicos da década dos setenta como Que me pasa, doutor? Paper Moon.

Non transcendeu a causa da súa morte, pero o actor pasara por unha leucemia en 2001 e diagnosticáranlle cancro de próstata en 2012.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade