Moncho Fernández só esgrime "motivos persoais" na marcha de Eric Washington

O Obradoiro rastrexa o mercado á procura dun base que cubra a súa marcha

Jordan Howard tampouco viaxa a Gran Canaria, onde o Obradoiro xoga este sábado (20:45)

G24.gal 27/10/2023 12:02

Máis aló do comunicado do club sobre a marcha de Eric Washington, a voz de Moncho Fernández foi a primeira que escoitamos para explicar a decisión do base para marchar cara aos Estados Unidos sen retorno a Santiago de Compostela. 

"Marchou por motivos persoais, pensabamos que ía volver e non foi así", comentou o adestrador do Obradoiro. "Todo o que se lle poña derredor non é certo", quixo matizar despois dos rumores que houbo sobre a marcha de Washington. Fernández tamén confirmou que o club está rastrexando o mercado para incorporar un efectivo do seu perfil.

Un dos que pode ocupar esa posición é Jordan Howard. Pero o escolta é a outra grande ausencia para o partido contra o Gran Canaria deste sábado (20:45). Continúa sen recuperarse e os médicos desaconsellan a súa participación porque "as consecuencias poden ser fatais". 

Os xogadores convocados son os que gañaron a semana pasada contra Xirona, un partido que deixou moi satisfeito o adestrador porque "houbo moitos que deron un paso cara adiante polas ausencias", e agarda que o comportamento sexa o mesmo nas illas contra un rival ferido por un mal inicio de ACB (2 vitorias e 4 derrotas). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos