Mihailo Ristic e Luca de la Torre adéstranse co grupo e apuntan a San Mamés

Non están descartados para o partido do próximo venres contra o Athletic Club

G24.gal 08/11/2023 15:33 Última actualización 08/11/2023 15:39

O lateral serbio Mihailo Ristic e o centrocampista estadounidense Luca de la Torre, futbolistas do Celta, completaron este mércores o adestramento co grupo, polo que non están descartados para o partido do próximo venres contra o Athletic Club.

O defensa balcánico sufriu unha escordadura de xeonllo durante o partido que enfrontou ao seu equipo co Xetafe hai xusto un mes, e desde entón perdeuse os duelos contra o Atlético de Madrid, Xirona e Sevilla, ademais da eliminatoria de Copa fronte ao Turégano.

Pola súa banda, Luca de la Torre foi baixa de última no partido contra o conxunto sevillista tras lesionarse no último adestramento previo ao choque, tras o cal lle diagnosticaron unha pequena lesión muscular no isquiotibial esquerdo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar