O persoal dos hospitais de Gaza acusa o Exército israelí de asedio

A Franxa suma 11.000 vítimas mortais e Israel reduce a 1.200 as persoas falecidas no ataque de Hamas do 7 de outubro

Europa reclama nas rúas o cesamento do fogo en Gaza e unha Palestina libre

Corredor dun hospital ás escuras
G24.gal 11/11/2023 08:43 Última actualización 11/11/2023 23:02

A situación dos hospitais da Faixa, denunciada polo seu persoal, é cada vez máis dramática. Os bombardeos rexistrados nas últimas horas fan imposible, segundo relatan, calquera evacuación. 

A ONU confirmou que catro centros sanitarios dos máis importantes están totalmente cercados polo exército israelí. Teñen déficit de material sanitario, falta de combustible, alimentos e auga non só para doentes, senón tamén para milleiros de persoas refuxiadas.

"Varios hospitais están sendo atacados. Escoitamos que o hospital Al Shifa sufriu cinco ataques nas últimas 24 a 36 horas. Tamén un dos hospitais pediátricos e outros. Polo tanto, é una situación desesperada, ningún de nós se enfrontou a algo así antes".

Israel respondeu que o exército axudará neste hospital a evacuar nenos e nenas e insistiu en que non é certo o asedio. Asegura que hai combates con milicianos na contorna e insiste en que Hamas usa os hospitais de Gaza como centros de ataque e agocho. 

Pero as vítimas de bombardeos seguen aumentando en toda a Faixa e tamén o número de persoas que abandonan as súas casas para marchar cara ao sur.

Cumio de urxencia

Os representantes dos 57 países árabes reunidos este sábado nun cumio de urxencia en Riad, pediron unha resolución vinculante do Consello de Seguridade da ONU para pórlle fin á guerra e a creación dun Estado palestino independente.

Na declaración emitida ao remate da xuntanza esixiron a entrada de axuda humanitaria e que Israel renda contas por "crimes de guerra e lesa humanidade". 

Imaxe do hospital Al Shifa difundida pola ONU días antes dos ataques Imaxe do hospital Al Shifa difundida pola ONU días antes dos ataques

Balance de vítimas

Dende que comezou a guerra, morreron en Gaza máis de 11.000 persoas e case 27.500 quedaron feridas. Nas últimas horas, o Ministerio de Exteriores israelí reduciu a 1.200 as vítimas mortais do ataque de Hamas que desatou o conflito, o pasado 7 de outubro. 

Explosión en Gaza este sábado Explosión en Gaza este sábado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade