Hernández Hernández xustifica a súa rectificación no Celta-Sevilla

Hernández Hernández: "É que non debería intervir porque non era xogada de VAR, pero cona, interviñemos ben e non pitamos un penalti que non era"

G24.gal 23/11/2023 12:32 Última actualización 23/11/2023 12:40

Ao Celta desta tempada acósano as polémicas arbitrais e o uso do videoarbitraxe. Foron varios os episodios, pero uno dos máis flagrantes viviuse en Balaídos ante o Sevilla. O colexiado Hernández Hernández sinalou un penalti a favor dos vigueses no último minuto e cambiou de decisión tras acudir á chamada do VAR.

Daquilo hai tres semanas, pero hoxe segue xustificando a súa actuación

"O VAR está para solucionar. Tomouse a solución correcta"

O estamento arbitral erixiuse protagonista na recta final da parada por seleccións. Primeiro pola comparecencia do presidente do CTA, Medina Cantalejo, onde aludiu veladamente a erros do Celta para defender o seu sector, e logo polas declaracións en entrevistas de varios colexiados, como a que concedeu Hernández Hernández ao Partidazo de Cope.

No minuto 98 de partido entre Celta e Sevilla, co marcador 1-1, Hernández Hernández sinalou punto de penalti a favor do Celta por un agarrón de Jesús Navas a Tasos Douvikas. Con todo, tras acudir á chamada do VAR, considerou que o forcexo non foi suficiente como para derrubar ao futbolista celeste.

"É que non debería intervir porque non era xogada de VAR, pero cona, interviñemos ben e non pitamos un penalti que non era".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar