Gabri Veiga brilla e o Al Ahli golea

Marcou dous goles e deu dúas asistencias

G24.gal 30/11/2023 18:21 Última actualización 30/11/2023 18:31

Dous goles e dúas asistencias resumiron o brillante encontro do galego Gabri Veiga na décimo quinta xornada da liga Saudita, en que o seu equipo, o Al Ahli, goleou ao Abha (0-6) para achegarse ao segundo posto da clasificación que lidera o Al Hilal.

Veiga, que ata o de agora só anotara un gol co seu equipo, asinou outros dous no seu mellor encontro na competición saudita. Abriu o marcador aos vinte minutos e asistiu a Frank Kessie no 38, que fixo o cuarto, e a Riyad Mahrez no 64, que asinou o sexto.

O ex-xogador do Celta anotou, ademais, o quinto, nunha grande acción individual que culminou cun tiro case sen ángulo que superou ao meta romanés Ciprian Tatarusanu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar