Falece Pablo Casanova, realizador da TVG

G24.gal 10/12/2023 22:08 Última actualización 10/12/2023 22:20

Pablo Casanova foi realizador nesta casa de moitos programas informativos, tamén de espazos como Foro aberto, programas culturais como Entre a Terra e a Lúa, educativos como Educar hoxe e moitos especiais.

Amante do seu Monforte natal e apaixonado dos trens e das maquetas foi, sobre todo, unha persoa moi querida entre o persoal da Televisión de Galicia e as súas amizades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos