Falece o xornalista José María Carrascal aos 92 anos

O comunicador desenvolveu a súa ampla traxectoria profesional en radio, prensa e televisión

G24.gal 03/11/2023 23:16

O xornalista, escritor e presentador de televisión José María Carrascal faleceu este venres aos 92 anos, segundo informou o xornal ABC, medio en que publicaba actualmente unha columna de opinión.

O comunicador desenvolveu a súa ampla traxectoria profesional en radio, prensa e televisión. En Antena 3 presentou desde 1990 ata 1997 o informativo Noticias de la noche, onde o seu particular estilo conquistou os espectadores máis nocturnos.

Como escritor, Carrascal publicou máis de vinte libros, entre os que destaca a novela Groovy, pola que gañou o premio Nadal no ano 1972.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade