Falece o escritor e tuiteiro coruñés El Hematocrítico

Colaborou en varios programas de radio e televisión

G24.gal 27/11/2023 21:26 Última actualización 27/11/2023 23:13

O escritor e tuiteiro coruñés Miguel López, máis coñecido como El Hematocrítico, morreu este luns. Tiña tan só 47 anos. Un infarto acabou coa súa vida. Ledicia Costas, parella e coescritora dalgunha das súas obras, deu a coñecer o seu pasamento na rede social X.

"Dende unha dor inmensa teño que contarvos que esta tarde marchou Hematocrítico, o meu compañeiro de vida e a persoa máis marabillosa que se cruzou no meu camiño. Esteas onde esteas agora mesmo, grazas".

El Hematocrítico, profesor de educación infantil e primaria, saltou á fama grazas aos milleiros de seguidores que acumulou nas súas redes sociais, e esa popularidade levouno a colaborar en varios programas de radio e televisión. Escribiu tamén numerosos libros de literatura infantil e xuvenil, os tres últimos este mesmo ano.

No seu último libro, unha obra dirixida ao público adulto para compartir como pai e educador, deu a súa propia visión sobre a educación. Escóitaos! Por unha crianza con empatía, foi a obra en que compartiu a súa propia visión sobre a educación, e sostivo nunha entrevista que "a xente non quere escoitar como debe criar os seus fillos", pero precisa "que lle digan a verdade".

A fama e dedicación do Hematocrítico non pasou para moita xente que se lanza a agradecer o seu labor ao longo da súa carreira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade