O Fuenlabrada volve encomendarse ao engadido para sacar un empate de Espiñedo

O Arenteiro acariñou o triunfo co gol de Chacón, pero empatou, unha vez máis, o equipo madrileño na compensación

G24.gal 04/11/2023 20:43 Última actualización 04/11/2023 21:03

Cun campo enchoupado pero aguantando a intensa choiva que caeu sobre o Carballiño nas últimas datas, o Arenteiro volveu a encomendarse a Espiñedo na súa carreira pola permanencia nesta Primeira Federación. Sobroulle un minuto para acadar a vitoria diante do Fuenlabrada, rival directo do equipo de Javi Rey na pelea por evitar un dos postos de descenso.

No primeiro tempo foi Pibe o que gozou da mellor oportunidade. Na segunda parte o Fuenlabrada comezou achegándose con perigo pero co paso dos minutos o cadro verde conseguiu xerar oportunidades. Nunha combinación entre Markitos, Pibe e Chacón chegou o gol do Arenteiro. 

Pero o desta tempada do Fuenlabrada cos engadidos é digno de estudo. Ilies marcou no último intre e puxo o empate definitivo (1-1). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos