España gáñalle sen brillo a Ucraína no mundial de balonmán (32-20)

As ucraínas aguantaron ata o minuto dez do segundo tempo un resultado axustado

Alicia Fernández estivo moi atinada no primeiro tempo con tres goles e unha chea de pases de gol

G24.gal 01/12/2023 21:47

A selección española volveu gañar pero sen a brillantez que se agarda dun equipo que busca un gran resultado neste Mundial de balonmán. Gañáronlle por 32-20 a Ucraína, un equipo que viña de perder por quince goles de diferenza diante do Brasil. 

A galega Alicia Fernández tivo unha boa actuación na primeira metade na que marcou tres goles e repartiu unha chea de asistencias. Na segunda metade colleu a remuda goleadora con catro tantos outra xogadora do balonmán galego como Paulina Buforn, que milita no Porriño. 

España tentou rachar o partido ao comezo pero Ucraína revolveuse e aguantou durante moitos minutos unha diferenza pequena. Ao descanso o resultado era de 16-12 e só nos últimos quince minutos a selección española conseguiu rachar o encontro e acadar un triunfo cómodo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar