España, cos galegos Chuny Bermúdez e Nico Rodríguez, favorita na Gold Cup

En cuartos de final compite contra Italia, Suíza e Lituania

G24.gal 28/11/2023 13:35 Última actualización 28/11/2023 13:40

Temos varios regatistas galegos disputando a Gold Cup co equipo español. O bicampión olímpico Luis Doreste é o capitán da armada española nesta prestixiosa regata que se disputa nas Illas Canarias. Con Chuny Bermúdez de Castro á cana e co vigués Nico Rodríguez como trimmer.

"Ningún grupo vai ser doado a estas alturas da competición. Hai moito nivel en todos".

España parte como favorita nesta competición. En cuartos de final compite contra Italia, Suíza e Lituania.

No primeiro día de competición asinou un segundo posto. O pase a semifinais decídese en catro regatas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos