O Celta volve bater coa arbitraxe en Xirona (1-0)
O Celta volve bater coa arbitraxe en Xirona (1-0)
O colexiado Díaz de Mera anulou dun xeito moi polémico un gol a Luca de la Torre no minuto 83 con empate sen goles
Yangel Herrera marcou o único gol do partido no tempo engadido
Minuto a minuto
Partido de máxima dificultade o que ten o Celta diante do sorprendente Xirona, colíder da clasificación. Un bo resultado podería supoñer un punto de inflexión na traxectoria do equipo de Benítez
Equipo do Xirona!!

O XI do Celta, con Tapia como titular!!!

Comeza o partido!!!
Conducción de Miguel cun pase interior que resolve Manu Sánchez mandando a córner

Partido parado porque están as asistencias atendendo a un afeccionado. Os médicos dos dous equipos cruzaron o campo a toda velocidade
O partido reanudouse despois de que os médicos atenderan a un afeccionado do Celta que sufriu un mareo
Centro de Savinho que se pasea pola área do Celta. E Tapia mancado cun golpe no cóbado

Voveu Tapia ao campo cunha aparatosa vendaxe
Partido moi accidentado e case sen oportunidades
A primeira do partido é para o Celta. Contra moi rápida e o remate de Bamba sacouno Gazzaniga
Outra boa contra do Celta que leva Bamba e agora é Savinho o que curta o avance
David López tamén mancado. O árbitro engade 7 minutos
Rematou unha primeira parte na que houbo de todo menos fútbol. O Celta, moi serio en defensa, non lle concedeu ningunha oportunidade ao Xirona

Principiou a segunda metade. Aguanta Tapia, non hai trocos no Celta
Cabezada de Dovbyk que chapa Guaita. O primeiro remate do Xirona a porta

Outra vez o partido parado por unha atención a Yann Couto. Parecía que comezaba con ritmo pero volvemos ás andadas da primeira metade
Centra Savinho e non chega Iván Martín por centímetros. Boa ocasión local
A mellor do Xirona!!!! Inicia Herrera, o coiro chégalle a Couto que perdoa cun remate que vai por riba do traveseiro
Stuani remata alto logo dun córner, o noveno que saca o cadro catalán
Outro aviso serio do Xirona. Remate de Miguel Gutiérrez desde a frontal que se vai rozando o poste
Gol anulado a De La Torre por falta previa de Dotor a Gazzaniga ... E cartón vermello a un dos asistentes de Benítez. Unha xogada moi polémica!!!!!
1-0 Gol de Yangel Herrera cun remate desde a frontal da área
Final do partido. Cun gol anulado a De La Torre moi polémico e encaixando o tanto da derrota no engadido.