O Celta cede un empate co Sevilla (1-1) nun partido que rematou con polémica

O Celta adiantouse cun gol de Starfelt

Empatou En Nesyri no 83', cando os vigueses xogaban con 10 por expulsión de Tapia

No 96' Hernández Hernández asubiou penalti a prol do Celta, pero botouse atrás

G24.gal 04/11/2023 17:29

Minuto a minuto

Ás 18:30 h comeza o partido de Balaídos entre o Celta e o Sevilla

Este é o XI inicial de Rafa Benítez para o partido. A portería vai ser ocupada por Guaita, e destaca tamén a titularidade para o canteirán Hugo Sotelo

 

 

E este é o XI inicial de Diego Alonso por parte do Sevilla

 

1'

Comezou o partido en Balaídos: Celta 0-0 Sevilla

12'

Larsen erra no man a man. O seu remate sae alto

14'

Recibe Aspas dentro da área, e o seu remate rexéitao Jesús Navas

22'

GOOOOOOOOOOOOOOOL do Celta!!!

 

Starfelt remata unha falta moi ben botada por Iago Aspas

23'

Remate de Ocampos, gran parada de Guaita

32'

Gran xogada do Celta ao primeiro toque, e o último pase de Bamba non atopa a Iago Aspas

36'

Larsen cae ao chan cando marchaba ás costas de Badé, último defensor, pero o árbitro Hernández Hernández indica que non hai nada

45+2'

Falta moi perigosa a prol do Sevilla, saca Gudelj, paradón de Guaita

45+3'

Final da primeira parte. Celta 1-0 Sevilla

46'

Comeza a segunda metade en Balaídos

47'

Starfelt está a piques de anotar o segundo dentro da área, pero non chega para empuxala

51'

Remate de Mingueza ao lateral da rede. O árbitro indica fóra de xogo

65'

Expulsado Renato Tapia por dobre cartón amarelo.

72'

Dobre parada de Nyland a remates de Larsen e Bamba e, no seguinte rexeitamento, Larsen cabecea moi preto do pau

78'

Strand Larsen volve ter unha ocasión nunha contra, e volve rematar desviado

79'

En Nesyri remata ao traveseiro á saída dun córner

83'

GOL do Sevilla. Empata En Nesyri logo de recoller un balón solto no punto de penalti

90+2'

Remata moi alto Rakitic desde o punto de penalti

90+3'

Pedrosa non é quen de empuxar o balón na boca do gol

90+6'

Penalti a prol do Celta. Jesús Navas agarra a Douvikas e Hernánez Hernández asubía penalti

90+7'

O árbitro vai revisar a xogada no monitor do VAR

90+9'

Hernández Hernández anula o penalti

90+9'

FInal do partido en Balaídos. Celta 1-1 Sevilla

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar