Cristóbal Parralo: "Chámannos o equipo revelación, pero non nos importa"

Ao técnico racingista gústalle máis "o tema das sensacións"

O domingo recibe o Albacete na Malata (18:30)

G24.gal 02/12/2023 13:32

Cristóbal Parralo compadeceu ante os medio esta mañá. O técnico racinguista falou sobre a polémica no último encontro fronte ao Leganés. O Racing rescatou un empate pero a polémica arbitral está servida. O penalti e a expulsión de David Castro deron moito do que falar. Con todo, o técnico réstalle importancia:

"Eu non falei do que pasou en Leganés. Iso xa pasou. Onde podemos intervir, onde podemos facer algo é no que vén".

Son moitos os que din que o Racing é o equipo revelación da tempada. Inda así, o técnico prefire centrarse no que fai o equipo no terreo de xogo e o as sensacións que transmite. Cristóbal tamén falou sobre os seus.

"O equipo cada día mellora. Ese é o camiño. Intentar non conformarnos co que temos e seguir crecendo e seguir mellorando".

Os ferroláns reciben o Albacete na Malata este domingo ás 18:30. Cristóbal asegurou que espera "un partido competido" pero confía en que o equipo pode facelo ben. "E confío en que caia do noso lado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar