Continúa a folga de procuradores e avogados da quenda de oficio

Reclaman que a Administración lles suba as retribucións e cotice por eles

Contan co apoio de xuíces e avogados nas súas reivindicacións

G24.gal 03/12/2023 16:16 Última actualización 03/12/2023 19:41

Avogados e procuradores da quenda de oficio levan en folga desde o pasado 21 de novembro. Queren que a Administración cotice por eles e que lles suban as retribucións, entre outras demandas. Contan co apoio de xuíces e avogados.

Eugenia, como procuradora, ten a obriga de prestar os seus servizos cando a designan para a quenda de oficio por unha cantidade que non dubida en cualificar de irrisoria. Na mesma situación está Elena, avogada.

Están en folga coma o resto do persoal da quenda de oficio para demandar cambios na súa situación. O paro xa provocou a suspensión de varios xuízos, pero contan co apoio de avogados e xuíces de toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade