Comezan os primeiros cortes por obras na A-55

Este venres comezaron os primeiros cortes na autovía de Tui-A Guarda

G24.gal 01/12/2023 16:37

Este venres comenzaron os cortes na circulación da autovía de Tui-A Guarda. As obras da A-55 afectarán aos condutores que circulen dende Portugal cara a Tui ou Vigo. A autovía está cortada nesa dirección e os vehículos son desviados cara á plataforma dereita, onde se habilitou un carril en cada sentido. 

"Viñemos moi cedo, e agora vimos por Tui por dentro para non coller eses atascos", comentan os primeiros afectados polos cortes nesta autovía. Espérase que o tráfico se incremente na zona ao longo da tarde xa que en Portugal é día festivo.

Con esta infraestrutura, a Xunta busca mellorar a seguridade viaria na zona e aumentar a competitividade. O vindeiro luns está previsto un novo corte a partir das nove e media da noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade