Cae o sistema informático do Sergas

A orixe do fallo foi un problema no sistema eléctrico

G24.gal 14/11/2023 21:18 Última actualización 14/11/2023 21:24

Un pico de tensión afectou na tarde deste martes a central de procesamento de datos do Servizo Galego de Saúde, provocando a caída de todo o seu sistema informático.

Segundo confirmaron fontes da consellería de Sanidade, a orixe do fallo foi un problema no sistema eléctrico, un pico de tensión, que afectou a central de procesamento de datos ao redor das 18:00 horas. Aínda que se traballa no restablecemento dos sistemas, que será paulatino, diferentes fontes do ámbito sanitario confirmaban sobre as 20:00 horas continuaban inactivos os accesos de diferentes servizos a historias clínicas dos pacientes, receitas ou tramitación de baixas.

A propia web institucional chegou a verse afectada durante a tarde. O groso da actividade sanitaria ordinaria prodúcese pola mañá, pero, aínda así, este feito tivo especial incidencia en servizos de urxencias, PAC, centros de saúde con actividade de tarde e vacinódromos, onde estes días se administran as vacinas contra a covid e a gripe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade