A Garda Civil cre que puideron matar a Judith no mesmo lugar onde apareceu o seu corpo

Ademais apuntan a que a mataron a mesma noite da súa desaparición e que o crime non foi planificado

O corpo da muller O corpo da muller
G24.gal 29/11/2023 20:17

Continúan os avances na investigación do asasinato de Judith, a muller que apareceu tirada nun polígono do concello pontevedrés do Porriño o xoves pasado.

Os investigadores cren que a mataron no mesmo lugar onde apareceu o seu corpo, detrás dun colector do polígono das Gándaras. Ademais apuntan a que a mataron a mesma noite da súa desaparición e que o crime non foi planificado.

Todo indica que a muller, de 37 anos, viaxou dende Vigo co seu agresor e que tiveron un enfrontamento violento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade