As baixas complican os galegos da ACB contra rivais moi esixentes
As baixas complican os galegos da ACB contra rivais moi esixentes
O Obradoiro viaxa a Málaga para xogar co Unicaja o sábado
O domingo o Breogán recibe no Pazo o Barcelona
Moito castigo en forma de lesións para os equipos galegos da ACB. O Breogán recibe o domingo o Barcelona coa posición de base en cadro. Non poderán estar nin Sergi García nin Frankamp co que Sergi Quintela será o único base puro para xogar o partido.
Pola contra Mrsic engade á causa a Justin Anderson, un ex NBA que poderá debutar este mesmo domingo na Liga ACB. O Breogán encara un mes moi duro con catro compromisos de ACB e outros catro da Basketball Champions League que veremos na G2.
O Obradoiro viaxa a Málaga para xogar contra o Unicaja este sábado. Mantén as baixas de Howard e Mendoza ademais da marcha de Eric Washington. Tamén o posto de base está moi condicionado e Moncho Fernández terá que facer un encaixe das súas pezas dispoñibles para poder competir diante dun dos equipos máis en forma da Liga ACB.