Antonetti mete coa cabeza o gol que aguanta o Lugo na zona alta (0-1)

Despois de sumar un punto nas dúas últimas xornadas, o gol do portorriqueño no 87 permítelles aos lucenses seguir o ritmo dos primeiros

G24.gal 19/11/2023 17:54

O Lugo rabuñou unha vitoria moi sufrida no campo do Sabadell. Tivo que agardar ata o minuto 87 para atopar un gol de Antonetti, que saíra minutos antes e definiu cunha cabezada extraordinaria.

Por merecementos o gol tivo que chegar antes. O primeiro tempo foi parello, con oportunidades para ambos os equipos. O Lugo tivo boas ocasións, sobre todo cun Antoñín Cortés moi activo na dianteira. 

No segundo tempo, o dominador absoluto foi o equipo galego. Xerou moitas opcións e só o desacerto no remate, sobre todo de Nacho Quintana, provocou que non se movese o marcador. O gol salvador apareceu cando poucos o agardaban e estaba a esmorecer o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade