A Xunta urxe o goberno a modernizar as conexións ferroviarias antes de abordar novos traspasos

Ethel Vázquez considera prioritario modernizar as conexións ferroviarias Ferrol-A Coruña, Vigo-Ourense e Ferrol-Ribadeo 

A conselleira de Infraestruturas pídelle ao novo ministro que remate cos "problemas continuos" na media distancia do Eixo Atlántico

 

G24.gal 02/12/2023 14:49 Última actualización 02/12/2023 18:41

"A Galicia gustaríalle que antes de falar do traspaso dos servizos ferroviarios de proximidade o novo ministro aclarase como se vai acometer e materializar a transformación de modernización de liñas obsoletas, Ferrol-A Coruña, Vigo-Ourense e Ribadeo-Ferrol (...). Cremos que é algo que temos que abordar antes, é urxente que o ministro explique cando vai resolver as incidencias constantes que estamos a ver nos servizos ferroviarios de media distancia como o Eixo Atlántico".

Son as prioridades que establece Ethel Vázquez, a conselleira de Infraestruturas, no sistema ferroviario galego, ante a disposición do Goberno central de abrir o traspaso dos trens de proximidade ás comunidades autónomas. Di que descoñece os plans do novo ministro e que unha medida de tanto calado debe abordarse dende o diálogo e o consenso con todos.

"Descoñezo totalmente ese acordo das transferencias das competencias a Cataluña. Se se basea na lei de mobilidade do goberno, estamos en contra, porque implica o desmantelamento do sistema ferroviario, fundamentalmente do rural".

A conselleira, envioulle unha carta ao ministro Óscar Puente coas súas demandas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar