A situación límite de Idiakez centra a atención na xornada da 1.ª RFEF

Esta fin de semana veremos na G2 e G24 os partidos Barcelona B-Deportivo e Arenteiro-Sabadell

G24.gal 01/12/2023 21:40

Na Primeira Federación este sábado xogan o Celta B en Logroño e o Lugo en Sestao. E o domingo ofreceremos, pola G2, o Arenteiro-Sabadell e o Barca B-Deportivo. O técnico deportivista, Imanol Idiakez, asume que un mal resultado podería levar á súa destitución.

Todas as olladas están postas no banco do Deportivo. Décimo primeiro clasificado con catro vitorias, sete empates e tres derrotas. Este domingo visita o Barcelona B, cuarto na táboa. En sete xornadas só perdeu un encontro. Idiakez sábese sinalado.

Amais do Deportivo, na Galega tamén poderán ver a seguinte cita do Arenteiro en Espiñedo. Os de Javi Rey, recargados tras vencer no Anxo Carro, reciben o domingo o Sabadell, pechacancelas do grupo. Os cataláns aínda non coñecen a vitoria a domicilio.

O Lugo visita o Sestao, penúltimo na táboa. Os de Munitis, que suman catro derrotas na casa, buscarán manter a boa xeira de resultados a domicilio. O Celta Fortuna, o galego máis en forma da Primeira Federación, xoga o sábado na casa do Logroñés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos