A lei de amnistía provoca discrepancias dentro das filas do Partido Socialista

O PSOE defende o traballo realizado para conseguir un texto legal que sirva para tender pontes

G24.gal 14/11/2023 14:30

Os negociadores da lei de amnistía defenden o traballo desenvolvido cos grupos nacionalistas. Fano ante as críticas que chegan de distintos sectores, entre eles das propias filas do Partido Socialista.  

"Ás persoas que tiveran algunha preocupación dicímoslles que miren ao futuro", di Félix Bolaños, secretario para a Reforma Constitucional do PSOE

Hai voces dentro do partido, que se destacaron pola súa oposición ao procés, que expresan a súa preocupación polo contido dos acordos. "Eses acordos provócanme algunha preocupación. Os que me coñecen e saben da miña traxectoria persoal e política poden imaxinar o que penso", asegura Josep Borrell.

Os negociadores defenden que se presenta ante as Cortes un texto legal capaz de tender pontes. "Afanámonos nas últimas semanas por presentar un texto que teña encaixe no ordenamento xurídico", di María Jesús Montero, vicesecretaria xeral do PSOE.

Pero hai cargos institucionais que xa anuncian medidas legais se fose necesario.

"Se hai que presentar recurso, farase. Se hai que presentar batalla, farémolo. Non imos pasar porque se faga unha relectura da Constitución Española", afirma Emiliano García-Page, presidente de Castela-A Mancha.

Entre os que se opoñen a estes acordos están tamén os chamados históricos do PSOE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade