A Igrexa indemnizará economicamente as vítimas de abusos

Desta forma desvincúlase do fondo de reparación proposto polo Defensor do Pobo

O obispo auxiliar de Toledo, Francisco César García Magán, en conferencia de prensa para facer un balance da Asamblea Plenaria da Conferencia Episcopal deste venres (EFE/Daniel González) O obispo auxiliar de Toledo, Francisco César García Magán, en conferencia de prensa para facer un balance da Asamblea Plenaria da Conferencia Episcopal deste venres (EFE/Daniel González)
G24.gal 24/11/2023 13:19

A Conferencia Episcopal Española (CEE) anuncia este venres que está traballado na elaboración dun plan de reparación integral ás vítimas de abusos na Igrexa, incluíndo indemnizacións económicas. Non hai prazo para a posta en marcha da medida, pero será o "antes posible".

O secretario xeral da Conferencia, César García Magán, informou de que reparará as vítimas exista ou non sentencia xudicial, ben sexa porque o abusador faleceu o porque o caso prescribira. Nestas situacións, a Igrexa estudará os casos para determinar "se hai unha convicción oral de que houbese abuso sexual".

Ao ser preguntado pola contía, dixo que non aínda non se calculara o fondo, pero que no caso das sentenzas xudiciais, estas establecerán a cantidade que deben pagar.

Aclarou, así mesmo, que asumirán o pago os vitimarios ou institucións implicadas, pero nun principio a CEE non se fará cago.

Deste xeito desvincúlanse do fondo de reparación que propuxo o Defensor do Pobo no seu informe sobre pederastia na Igrexa. Un documento que creou un gran descontento na institución ata o punto de que se pedira unha revisión do informe.

"Se se crea un fondo para todas as vítimas, participaremos, só se é para vítimas da Igrexa, xestionarémolo nós", dixo o portavoz dos bispos.

Así, aprobouse por unanimidade "o íter" de traballo que presentou o servizo de coordinación de Portección aos Menores, contando con tres liñas de actuación: a atención ás vítimas, a prevención e reparación integral, que inclúe as perspectivas psicolóxica, espiritual e económica.

O anuncio prodúcese unha semana antes da reunión de todos os bispos do CEE co papa Francisco en Roma, co obxectivo de coñecer o resultado da visita aos seminarios. Sobre o atraso do informe do despacho de avogados Cremades & Calvo Sotelo, aseguran que a decisión se está estudando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade