A guerra dos irmáns Howard caeu do lado obradoirista (108-95)

O partido decidiuse nunha segunda prórroga en que Jordan Howard anotou 15 puntos

Markus Howard (Baskonia) foi o máximo anotador do partido con 33 puntos, pero recibiu a quinta falta no tempo decisivo

G24.gal 12/11/2023 14:56

Moito se falou do duelo dos irmáns Howard no partido que enfrontaba a Obradoiro e Baskonia. E o enfrontamento respostou á expectativa. O de Baskonia, Markus, foi o máximo anotador do partido con 33 puntos e xogadas espectaculares coas que o seu equipo se meteu no partido. 

Jordan, do Obradoiro, estaba facendo un partido discreto ata a segunda prórroga. Levaba 7 puntos pero nos últimos 5 minutos foi o que decidiu o partido con 15 tantos e 4 triplas. 

O Obradoiro dominou o partido durante 48 dos 50 minutos que durou. Marchou no primeiro cuarto grazas a un parcial de 17-2 co que conseguiron unha máxima de quince puntos (27-12). O Baskonia buscou recurtar distancias e achegouse a sete ao descanso (47-40).

O terceiro cuarto resultou o menos movido e os visitantes puxéronse a só 3 puntos (59-56) e empataron a 59 con oito minutos por diante. Os obradoiristas volveron coller o mando (71-62 ou 76-70) pero non acabaron de pechar un partido que se foi á prórroga (79-79). 

O primeiro tempo suplementario tiña pinta de decidilo Markus Howard cunha tripla e unha canastra imposible pero acabou outra vez en empate (87-87). Na segunda prórroga Markus foi expulsado e aí chegou Jordan para, cunha serie de tiro excepcional, sentenciar o encontro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos