A estratexia funciona e dálle ao Lugo o empate en Salamanca

Jozabed, Narro e Ledesma fabricaron un golazo

Adiantárase o equipo charro con outro tanto espectacular de Slavy

G24.gal 05/11/2023 20:48

O Lugo cortou a serie de catro vitorias pero sacou un empate moi proveitoso no campo do Unionistas (1-1). Os goles marcáronse no primeiro cuarto de hora de partido e foron dous golazos. O de Slavy para os locais, cun lanzamento que entrou pola escuadra, e o de Willy Ledesma para o Lugo nunha fermosa acción de estratexia en que participaron Jozabed e Víctor Narro. 

Xogaron os de Munitis unha boa primeira metade, levando o peso do encontro. Sen embargo no segundo tempo pasaron a ser dominados por un Unionistas que deu tres avisos de moito perigo. No engadido Aguza estivo a piques de marcar o gol do triunfo que colocaría o Lugo no máis alto da clasificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade