A denunciante da agresión sexual por parte do fillo de Conde-Pumpido retira a acusación

A denunciante asegura que non recibiu a citación para ir a xuízo o pasado 14 de novembro

As imaxes do domicilio achegadas polo letrado "desvirtúan" a versión da demandante

G24.gal 23/11/2023 16:39

A muller que denunciou por agresión sexual ao avogado Cándido Conde-Pumpido, fillo do presidente do Tribunal Constitucional, retirou a denuncia e rexeitou levar a cabo accións civís e penais.

A demandante acudiu esta mañá ao Xulgado de Instrución número 31 de Madrid para retirar a denuncia e renunciar ás accións correspondentes, segundo aseguran do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. A renuncia chegou despois de que o pasado 14 de novembro a denunciante non acudira declarar ao xulgado, xa que, segundo explicou a súa letrada, non recibiran a citación.

O fillo do presidente do Constitucional foi detido o 3 de novembro con outros dous homes, acusados dunha agresión sexual grupal a unha muller, coa que contactara previamente o letrado para que acudise á súa casa. A denuncia foi interposta ese mesmo día.

Na seguinte xornada, os acusados foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 44 de Madrid, que os deixou en liberdade sen medidas cautelares, tras imporlles unha orde de afastamento e prohibición de comunicación coa denunciante.

No auto, a maxistrada explica que tras o investigado ata o momento "non concorre unha situación obxectiva de risco para a denunciante que xustifique a adopción da medida cautelar interesada". 

As imaxes achegadas polo letrado, gravadas polas cámaras de seguridade do seu domicilio, "desvirtúan a versión" mantida pola muller. Nelas pódense ver as dependencias da casa ao longo da madrugada e en ningunha aparece outro dos denunciados, que acreditou estar noutro lugar nas horas en que transcorreron os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade