8.135 euros polo primeiro lote de meixón da tempada en Asturias

É un novo récord histórico 

Houbo aplausos na lonxa de Ribadesella polo novo récord do meixón Houbo aplausos na lonxa de Ribadesella polo novo récord do meixón
G24.gal 10/11/2023 21:22 Última actualización 10/11/2023 21:33

Os asistentes irromperon en aplausos ante o prezo que marca un novo récord histórico de prezo do primeiro meixón da temporada en Asturias.

Nada menos que 8.135 euros polo primeiro lote dun quilo 295 gramos, oitocentos cincuenta e cinco máis que o récord do ano pasado que pagou a mesma empresa de restauración. Levou máis lotes, a maior parte para preparar no seu restaurante de Cangas de Onís.

A campaña comezou este xoves e nesta primeira poxa, houbo vinte quilos de meixón que se repartiron nunha ducia de lotes para outros tantos compradores. O seguinte xa baixou a 2.300 euros e o que menos custou foron 670. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos