Xosé Manuel Méndez: "O meu pai era un máis, fotografaba desde a complicidade"

Edelmiro Méndez. Da Terra que fomos compila o traballo deste fotógrafo da Mariña realizado entre 1957 e 1964

Miro de Xanuco, antes de ser fotógrafo foi gaiteriro e con 14 anos formaba parte dos Villaboas 

Xosé Manuel Méndez, fillo do fotógrafo Edelmiro Méndez
G24.gal 08/11/2023 14:46 Última actualización 08/11/2023 17:03

Nunha sociedade que se trasformaba a finais dos anos cincuenta e dos sesenta, afortunadamente Edelmiro Méndez retratou coa súa KODAK Retina a realidade. Agora, esas imaxes Da terra que fomos recóllense neste libro de Editorial Canela que se publica, en boa medida, grazas ao empeño de Xosé Manuel Méndez, fillo de Miro de Xanuco, o fotógrafo da Pontenova. Son 219 fotografías que dan testemuño histórico, etnográfico e documental, que rexistran desde a complicidade, os ciclos vitais das persoas, os traballos colectivos ou as festas.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar