Felipe Criado: "Unha soa disciplina non é capaz de dar respostas"

Felipe Criado foi recoñecido co Premio Nacional Ramón Menéndez Pidal na área de Humanidades

Na súa traxectoria investigadora abriu canles de estudo como a arqueoloxía da paisaxe

O proxecto 'XSCAPE: Material Minds' que lidera une arqueoloxía e ciencias cognitivas
 

Felipe Criado, arqueólogo e investigador
G24.gal 04/11/2023 11:30 Última actualización 02/11/2023 18:13

Felipe Criado Boado podería ser pintor, coma o seu pai, pero foi arqueólogo, profesor de investigación do CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. Un arqueólogo que creou e consolidou novas liñas de traballo que van desde a arqueoloxía da paisaxe ata a súa contribución innovadora en terreos multidisciplinares coma a cognición.

O Ministerio de Cultura acaba de recoñecer o seu labor co Premio Nacional de Investigación Ramón Menéndez Pidal na área de Humanidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar