Celso Sanmartín: "O perpetuo é un concepto máis próximo que a idea da eternidade"

A cousa eterna, publicado por Apiario, presentouse esta tarde en Lalín, o lugar polo que transita o poemario

A escoita, a oralidade no cotián, as referencias filosóficas, os ritos ou o poder do simbólico conforman A cousa eterna

G24.gal 23/11/2023 15:09 Última actualización 23/11/2023 16:38

"Sempre mirei as flores de plástico, com0 flores de plástico, e nunca as vin tan claras coma agora, óleos tranquilos arremedan o perpetuo, coma o pavo duro no conxelador". Son versos deste libro, A cousa eterna, de Celso Fenández Sanmartín. Un contraerse e expandirse que, di o poeta, son os movementos poéticos do diafragma. 

Celso Sanmartín observa o respirar lento do mundo, escoita as voces e véñenlle os fragmentos dun poema. Achégase á poesía, di no remate deste libro, non cun poder notarial, senón humilde e cegamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos