Ata sempre, Hematocrítico

Estaba dotado para a difícil arte do humor, que exercitou en todas as súas actividades

Foi dos máis apreciados e seguidos tuiteiros do país, con proxectos como Drama en el portal ou El hematocrítico del arte

Feliz feroz, ilustrado polo seu amigo Alberto Vázquez, acadou o premio Fundación Cuatro Gatos e entrou na lista White Ravens dos mellores libros do mundo 

G24.gal 28/11/2023 14:55 Última actualización 28/11/2023 16:13

O seu gran corazón parou. Marchou Miguel López, máis coñecido como O Hematocrítico da arte, un dos máis célebres tuiteiros de España.  Foi tamén un destacado autor de literatura infantil; o seu libro Feliz Feroz, o lobiño riquiño, protagonizado por un lobo vexetariano, gañou premios como Cuatro Gatos. Un exemplo do subversivo humor co que tinguía as redes sociais e os andeis das librarías de todo o planeta.   
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade