Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
			
		
		
			
			
				Aarón Zapico viaxa coa Filharmonía de Galicia pola música barroca europea
Será a primeira vez que Zapico dirixa a Filharmonía de Galicia, aínda que hai vinte e cinco anos xa colaborara coa orquestra, naquela ocasión como clavecinista.
Con vinte anos formaba xunto aos seus irmáns o conxunto Forma Antiqua que acaba de publicar o seu novo disco La Caramba.
                
                    
                        Zapico nun ensaio coa Real Filharmonía de Galicia
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            08/11/2023 14:35
                        
                        
                                Última actualización 08/11/2023 17:02
                        
                        
                    
                    Poucas viaxes tiveron tanta repercusión cultural e literaria como aquelas que fixeron nos séculos XVIII e XIX os europeos pudentes. Chamouse o Grand Tour e deixaron pegadas del escritores tan consagrados como Shelley ou Goethe. Partindo deste tour, o director de orquestra Aarón Zapico viaxa coa Filharmonía de Galicia pola música barroca europea. Farano ante o público mañá no Auditorio de Galicia cun repertorio que vai desde Telemann a Bach.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
        