Vitoria cómoda do Fabril sobre o Caión (2-0)

Os coruñeses dispuxeron de ocasións para poder golear, pero non estiveron acertados

O Fabril afástase da zona de descenso, mentres que o Caión non sae dos últimos postos

G24.gal 26/11/2023 13:59

O Fabril resolveu con claridade un partido vital de cara a afastarse da zona baixa da táboa. Os goles de Iano e Kevin Sánchez na primeira media hora de xogo bastaron para sacar o Caión do encontro. Na segunda metade os coruñeses puideron incrementar a diferenza, pero faltoulle acerto no remate final, quedando o partido con ese 2-0.

Con ese resultado o Fabril sitúase 9º, cinco puntos por riba do descenso e a cinco puntos da zona de play off. O Caión, outra semana sen gañar, e afúndese con só nove puntos nas últimas posicións da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos