Os furtos supoñen o 1 % da facturación dos comerciantes no 2022
Os sectores máis afectados son os da moda e estética
Máis do 50 % dos roubos son cometidos por bandas organizadas
O sector do comercio perdeu máis de dous mil millóns de euros por furtos en 2022, no conxunto de España, e os furtos son un factor que os comerciantes teñen que incluír á hora de botar contas.
"Levarme, ao mellor, caixas das que están aí para empaquetar, e coller os paquetes de galletas ou as marmeladas, por alí tamén as adoitan quitar".
"Aquí en fronte leváronme tres veces o bote das propinas do mostrador".
O sector da moda e da estética son os máis afectados. Roupa e calzado, nas primeiras posicións. Tamén os produtos de beleza, sobre todo maquillaxe e máquinas de afeitar.
"Cando lle ía pagar, estaba un agachado colléndolle as colonias, agora mesmo".
No sector da alimentación, o aceite posiciónase entre os artigos máis roubados, xunto a viños, licores, conservas e afumados.
"Veu un rapaz e, debaixo dunha cazadora de pel que traía, vinlle coller tres solombos e metelos debaixo, envasados ao baleiro".
En máis do 50 % dos casos son cometidos por bandas organizadas, que rouban con fins lucrativos ou mesmo por encargo.
"Pois que poñan máis vixilancia e xa está".
"Con vixilantes fano igual, así que...".
Segundo o barómetro que acaba de presentar a Asociación Española de Fabricantes e Distribuidores, o furto é a causa principal da denominada 'perda descoñecida', que representa case o 1 % da facturación, uns 2.300 millóns de euros ao ano.