Israel ataca con tanques e soldados o principal hospital de Gaza

O exército de Netanyahu sostén que debaixo do centro está o cuartel xeral de Hamas

Hospital afectado Hospital afectado
G24.gal 15/11/2023 20:34

Hamas denuncia que o exército israelí entrou con tanques e soldados no principal hospital de Gaza, o Al-Shifa, un dos poucos que queda operativo en toda a Franxa.

Israel di que só interveu nunha parte do edificio, onde manexan información de que os milicianos de Hamas teñen montado o seu cuartel xeral.

O exército de Israel sostén que debaixo do hospital pode haber reféns e armas. De momento, non deron co seu obxectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade