Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mar

Imaxe de arquivo do Villa de Pitanxo

Familias do Pitanxo rexeitan a mediación do Goberno e pactarán reunirse co Canadá

15/06/2022 11:30

O colectivo xestionará a través da embaixada do Canadá un encontro para tratar coas autoridades de salvamento do país norteamericano

"Temos máis garantías por parte da embaixada", di a voceira das familias

Fanse catro meses do afundimento en Terra Nova


Bos prezos e boas capturas no inicio da costeira do bonito

14/06/2022 14:03

Os armadores prevén unha campaña curta e confían en que os prezos compensen a suba dos gastos polo combustible

Categorías:  Galicia   Economía   Mar
Etiquetas:  PESCA

A armadora do Pitanxo defende que había traxes de supervivencia para todos os mariñeiros

14/06/2022 13:44

A empresa presenta ante a xustiza documentación sobre as medidas de seguridade a bordo

As familias cren que estes materiais non rebaten a contundencia dos atestados da Garda Civil e dos informes periciais


As confrarías de pescadores impulsan compras conxuntas de combustible

10/06/2022 14:38

O obxectivo é negociar coas petroleiras para conseguir un prezo mais competitivo

Din que pagar máis de sesenta céntimos por litro non é rendible


O sector pesqueiro di que a suba do prezo do gasóleo é insostible

10/06/2022 14:25

O litro de gásoleo no surtidor do porto de Bueu roza o euro este venres

Os cerqueiros que estes días van á sardiña aseguran que saír pescar non é rendible


Bruxelas ratifica o acordo pesqueiro con Mauritania

09/06/2022 14:53

O acordo asegura cinco anos de traballo para 16 barcos de Marín e Ribeira

Son buques de fresco e conxeladores que capturan pescada negra e palometa

A frota comunitaria pode pescar 290.000 toneladas de peixe ao ano no país africano

Categorías:  España   Economía   Mar
Etiquetas:  PESCA   ECONOMÍA   MAR

Marisqueo a flote na ría de Ferrol

Preocupa a escaseza de marisco na ría de Ferrol malia os traballos de rexeneración da ría

08/06/2022 15:04

Desde as confrarías recoñecen que avanzou no estado das augas, pero non ven os resultados na produtividade

A conselleira do Mar reuniuse con representantes do sector 
 


As confrarías da lonxa de Campelo aplican desde o ano pasado reducir as cotas e días de captura para mellorar a cría nos seus bancos marisqueiros

Boas perspectivas de recuperación dos bancos marisqueiros da ría de Pontevedra

08/06/2022 14:09

Estudos preliminares avalan a eficacia das restricións de cota e días de traballo aplicadas conxuntamente nos bancos marisqueiros de San Telmo, Raxó e Lourizán

Etiquetas:  MARISCO   MAR

Juan Padín, patrón do Villa de Pitanxo, á súa chegada á Audiencia Nacional (EFE/Mariscal)

O xuíz retíralle o pasaporte ao patrón do Villa de Pitanxo

06/06/2022 16:41

Juan Padín declarou como investigado na Audiencia Nacional, mentres que os outros dous sobreviventes o fixeron en calidade de testemuñas

O xuíz atende a petición da Fiscalía e dos familiares das vítimas, e imponlle tamén a obriga de presentarse cada 15 días no xulgado


Rosa Quintana cre que a situación dos caladoiros permite abordar un aumento de cotas

06/06/2022 14:16

"O sector leva tempo facendo un esforzo para adaptarse á mellor explotación posible dos recursos", di a conselleira do Mar

Publicidade
Publicidade